estudio d2. proxectos, dirección e execución de obras de arquitectura interior // asesoramento e decoración de espacios // deseño de mobiliario


dende 2005, o grupo de profesionais que integra estudio d2, proxecta, dirixe e executa obras de interiorismo, así  como de asesoramento para a ambientación e a decoración de espacios arquitectónicos, tanto de carácter público (locais comerciais, oficinas, stands) como privado (vivendas).


cunha filosofía baseada na funcionalidade, a calidade e o compromiso, e abarcando todas as fases do proxecto, dende os primeiros bocexos, cun estudio pormenorizado das necesidades do cliente, até a da dirección do mesmo, suministrando materiais e coordinando todos os oficios na execución da obra e unha metodoloxía persoal, aberta e dinámica.

nunha sociedade na que cada vez máis o deseño imponse en tódolos ámbitos, empresas como estudio d2, xurden para satisfacer estas necesidades.

estudio d2 realiza un estudio de cada proposta. o contacto directo co cliente e o coñecemento do obxectivo final son fundamentais á hora de ofrecer unha solución. elabóranse os primeiros bocexos e planos e unha vez aprobados perfilánse todos os aspectos e desenvólvese un proxecto detallado: alzados, plantas, vistas e detalles constructivos cos que o cliente obtén unha idea fidedigna do resultado final.

 
 
 
 
 
© patri calviño